sábado, 21 de febrero de 2015

► Aessi @ Discoteca Costamar (28/2/14, Malpica)


¡Hoxe en GHU! estamos moi felices de anunciarvos a próxima festa onde se vai poder escoitar Hands Up! e Hardstyle en Galicia! O encargado será Aessi e será o próximo sábado día 28 na discoteca Costamar, situada na localidade coruñesa de Malpica. A continuación facemos un copy/paste do que acaba de poñer o dj e productor galego na súa páxina de Facebook:


¡Moi boas a todos! Dentro de exactamente unha semana estarei pinchando por primeira vez en Malpica, máis concretamente na discoteca Costamar, e será nunha festa de música electrónica na que compartirei cabina con algunhas das novas promesas das cabinas galegas, como son Dj Costa, Dávid Bermúdez, Jesús Figueroa e Alfredo Méndez.
Pola miña parte serei o encargado de poñerlle o toque máis cañero á noite, xa que farei unha sesión mezclando os últimos temazos Hands Up! e Hardstyle, ademais dos meus últimos remixes.
Estou moi feliz de poder participar nesa festa e espero que sexa un éxito total para que se poida repetir en máis ocasións e así poder ofrecerlle ó público galego a oportunidade de escoitar en máis ocasións este tipo de música.

¡Un saúdo e vémonos o sábado 28 de febreiro en discoteca Costamar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario